00:06 h. sábado, 20 de abril de 2024

ASPIRA A DEZ GALARDÓNS E MEMORIA DE HELENA E MARÍA E AS ACTAS ESCURAS COMPITEN POR SETE

A obra de Quico Cadaval ‘Un cranio furado’ favorita dos María Casares

Agencias  |  03 de marzo de 2011 (12:33 h.)
Quico Cadaval.
A obra Un cranio furado, dirixida por Quico Cadaval, é a gran favorita para os Premios María Casares ao conseguir dez candidaturas. Os seus grandes rivais serán As actas escuras, a produción do Centro Dramático Galego do ano pasado, e Memoria de Helena e María, de Teatro do Atlántico.

A obra Un cranio furado, dirixida por Quico Cadaval, é a gran favorita para os Premios María Casares ao conseguir dez candidaturas. Os seus grandes rivais serán As actas escuras, a produción do Centro Dramático Galego do ano pasado, e Memoria de Helena e María, de Teatro do Atlántico. Estas dúas obras, dirixidas por Xúlio Lago, aspiran a sete premios cada unha.

Na gala dos María Casares –que se celebra o próximo 23 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña–, a obra Un cranio furado será candidata en dez categorías: mellor espectáculo, dirección (Quico Cadaval), actor protagonista (Evaristo Calvo), actor secundario (por partida dobre: Santi Romay e Víctor Mosqueira), actriz secundaria (Dorotea Bárcena), escenografía, iluminación, música orixinal e adaptación.

Pola súa banda, As actas escuras compite por sete galardóns: mellor dirección (Xúlio Lago, tamén nominado por nesta mesma categoría por Memoria de Helena e María), actor protagonista (Xosé Manuel Olveira Pico), actor secundario (Marcos Viéitez), escenografía, maquillaxe, vestiario e texto orixinal (Roberto Vidal Bolaño). Co mesmo número de candidaturas conta a montaxe Memoria de Helena e María, de Teatro do Atlántico: mellor espectáculo, dirección, actriz (por partida dobre: Lucía Regueiro e María Barcala), iluminación, música orixinal e texto orixinal. Life is a paripé, de Obras Públicas, conta con catro candidaturas –mellor espectáculo, actor (César Goldi), actriz (Iolanda Muíños) e música orixinal–, o mesmo número coas que compite Volpone, de Teatro Talía –mellor actriz secundaria (Marta Ríos), adaptación, maquillaxe e vestiario–. Con tres candidaturas compite Super 8, da Voadora; e con dúas participan O incerto señor don Hamlet, de Sarabela, e Trogloditas, de Tanxarina. Cunha candidatura están A nona, de Teatro do Morcego; Limpeza de Sangue, de Espello Cóncavo, e Memorias das Memorias dun neno labrego, de Abrapalabra.

Os membros da AAAG escolleron como finalistas once espectáculos dos 37 que se presentaron. En total 425 profesionais aspiraban a ser finalista nalgunha das trece categorías. Unha delas contará cun elemento moi emotivo, xa que no apartado de iluminación está como finalista Suso Díaz (O Incerto Señor don Hamlet), actor e iluminador de Sarabela que faleceu o ano pasado.

Fuente: Xornal

Noticias de hoy
Hemeroteca