13:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES

Premios do Cinestable I Festival de curtametraxes Creative Commons de Ordes

Agencias  |  11 de agosto de 2010 (00:57 h.)
Rematou o I Cinestable o festival de curtametraxes Creative Commons de Ordes e os premiados foron...

Rematou o I Cinestable o festival de curtametraxes Creative Commons de Ordes e os premiados foron:

Premio á mellor curtametraxe: Xogando con propiedade de AC Lucerna
Premio á mellor curtametraxe en galego: RC14 de Dolores Iglesias
Premio do público: Ordes, cidade de vacacións de Jesús Méndez

Noraboa a todos os participantes, tanto os que gañaron coma a todos os que participaron xa que houbo un gran nivel e as decisións foron moi difíciles. 

\"\"Dende a organización queremos enviar un mensaxe de gratitude a tódolos que participastedes con este primeiro festival Cinestable, a todos os que colaboraron, a todos os que asistiron e en xeral a todo o que se interesou polo noso festival. Foron uns meses moi duros de organización e preparativos pero todo isto viuse pagado con creces ó ver á resposta dun público que encheu o auditorio da casa da cultura de Ordes, no que se deron cita algo máis de 110 persoas, e que non parou de aplaudir en ningún momento, o que nos fixo a todos os que formabamos parte da organización sentirnos orgullosos polo traballo realizado.

Non perdades a pista da nosa páxina xa que en breves enriquecerémola con material audiovisual do festival. Tanto curtametraxes como documentos gráficos do evento.

MIL GRAZAS e vémonos o ano que ven.

Fonte: cinestable

Noticias de hoy
Hemeroteca