08:52 h. viernes, 19 de abril de 2024

SGAE

Cerceda será a primeira vila galega en declararse «100% libre da SGAE»

Agencias/LaVoz  |  12 de mayo de 2010 (14:56 h.)
Farao dunha forma simbólica o próximo 22 de maio durante a celebración do seu 17.º festival

A localidade coruñesa de Cerceda será o primeiro pobo galego en declararse 100% libre da SGAE, aínda que só de forma simbólica. Será o próximo día 22, cando se celebre a 17.ª edición do seu fest\"\"ival, organizado pola Asociación Cultural Lucerna e dedicado desta volta á cultura libre.

«É un tema que está de moda, pero xa vén de atrás», lembra Xosé Bocixa, membro de Lucerna. «Eu formo parte do grupo Zenzar, levamos cinco discos editados fóra da SGAE e houbo un momento no que era case ilegal. Chamábannos para ameazarnos sen pertencer a eles», explica. De aí que á asociación, composta na súa maioría por xente do pobo vinculada a grupos musicais, centre boa parte da súa actividade en concienciar á xente de que hai outras opcións.

Así, a edición deste 2010 inaugurarase cunha mesa redonda na que se debaterá sobre os bens culturais de uso común, unha alternativa aos tradicionais dereitos de autor. Esta cita contará, entre outros, con Francisco Alvarellos e Joaquín Riera, socios da Casa de Música, «un espazo multidisciplinar compostelán que ofrece asesoramento a locais e grupos sobre lexislación e licenzas», en palabras de Bocixa.

As actividades da tarde completaranse coa proxección de curtametraxes que non están suxeitas á SGAE e coa iniciativa de que os bares da zona pinchen unicamente música libre. «Xa falamos cos locais e distribuímoslles temas en MP3. Iso non é ningún problema, hai miles e miles», sinala Bocixa.

Fonte: La Voz de Galicia

Noticias de hoy
Hemeroteca