Enrique Curiel, ex vicesecretario xeral do Partido Comunista Español (PCE), faleceu na madrugada do mércores a consecuencia dun cancro no Hospital Universitario Porta de Hierro de Majadahonda (Madrid), segundo informou a súa familia nun comunicado. Os restos do falecido permanecerán no tanatorio madrileño da Paz até ser trasladados a Vigo, a súa cidade natal, onde será enterrado.
Curiel abandonou o PCE en 1988 debido ás discrepancias mantidas cos seus compañeiros de filas. Dous anos despois ingresou no PSOE e entre 1993 e 1996 foi deputado pola provincia de Pontevedra. En 2004 saíu elixido senador pola mesma provincia, pero foi excluído das listas á Cámara Alta para as eleccións de 2008. Así mesmo, exerceu como profesor da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.
Os seus antigos compañeiros xa manifestaron a súa intención de render homenaxe pública a Curiel, falecido aos 63 anos de idade.
Fonte: Xornal
TENDENCIAS | 11-05-2010
Cruising GaliciaMUNDO | 13-03-2011
Los ciudadanos de Islandia han hecho dimitir al gobiernoESPAÑA | 05-03-2011
Las mejores frases de ZapateroSexo | 26-01-2011
Cómo hacer un masaje eróticoOCIO | 12-01-2011
Viajar por el mundo con alojamiento gratis