13:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

GALICIA É UNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA INMENSAMENTE RICA CANDO FALAMOS DE OFERTA TURÍSTICA

GaliciaClic.com, portal web do turismo e a cultura de Galicia

Agencias  |  07 de julio de 2011 (15:48 h.)
Portal do turismo e cultura galega
GaliciaClic.com é un portal web que busca promover o turismo e a cultura de Galicia dun modo útil, sinxelo e elegante. GaliciaClic ofrece un espazo moi completo e dinámico para as empresas vinculadas ao turismo e o ocio para que se publiciten e poidan dar a coñecer os seus servizos, promocións e eventos.

GaliciaClic é un portal web que busca cubrir as necesidades reais que existen na actualidade á hora de encontrar información turística e cultural útil por parte da persoa que veña a visitar Galicia. Estruturouse a información en cinco campos claves: Servizos Turísticos onde encontramos "Aloxamentos, Restaurantes, Actividades, Ocio" ademais dunha "Axenda". A través desa división preténdese cubrir case o 100% da información requirida á hora de viaxar a Galicia tanto polos turistas e visitantes como os propios galegos, e dar acceso a ela dun modo rápido, sinxelo e intuitivo.

Todo o contido publicado na web pódese compartir a través das Redes Sociais dun modo moi sinxelo e a maioría posibilita valoración e comentarios. No ámbito das Redes Sociais é onde Batitales cre que GaliciaClic vai ser moito máis eficaz que os seus competidores, xa que serve de trampolín para que as empresas relacionadas cos servizos turísticos como restaurantes, aloxamentos, empresas de turismo activo... que aínda non están presentes nelas, poidan coñecelas e darse a coñecer a través destas.

Un aspecto moi positivo que GaliciaClic oferta ás empresas que queiran formar parte dela é a descarga de traballo. Como di Pablo, un dos socios de Batitales: "Os empresarios da hostalaría e doutras empresas dedicadas ao turismo deben centrarse nos clientes, en prestar un bo servizo para que queden satisfeitos e con ganas de volver. Isto require moito tempo e dedicación polo que non lles queda tempo para outras cousas e menos para a xestión da súa web, Redes Sociais. Nós posibilitamos a externalización deste servizo e asesoramento en Marketing Dixital a un prezo moi interesante e a xestión do mesmo dun modo profesional e serio".

A pesar de que GaliciaClic acaba de estrearse, moi pronto se lle incorporarán importantes novidades e durante as próximas semanas activarase unha novidosa aplicación web creada a medida e totalmente gratuíta, chamada "Personaliza a túa Viaxe".

Esta aplicación servirá para que os internautas que o desexen poidan planificar a súa viaxe a Galicia dun modo completo, rápido e sinxelo. Combinando os servizos proporcionados polas empresas que pertenzan a GaliciaClic, o usuario poderá sacar un itinerario en PDF coa composición da súa viaxe feita á medida e tamén poderán enviar telemáticamente a planificación para que se lles facilite un presuposto real. O presuposto virá acompañado por consellos e suxestións que axuden a aumentar o desfrute da viaxe e será remitido ao usuario en menos de 72 horas dende o envío deste.

"Galicia é unha Comunidade Autónoma inmensamente rica cando falamos de oferta turística. Esta oferta componse dun incalculable patrimonio natural, tradicións culturais moi arraigadas e prestixiosas ademáis de novos recursos turísticos creados polo home nos últimos anos e xa consolidados. Un turista que viaxe a Galicia non se imaxina a oferta turística e cultural que se pode encontrar e nós queremos facilitarlle ese coñecemento para que a súa viaxe sexa moito máis completa, cómoda e agradable". Afirma Pablo.

Batitales, empresa creadora do portal, aloxada no viveiro de empresas do Concello de Lugo, destaca o papel das novas tecnoloxías e das redes sociais na busca de novos clientes e lograr a fidelización dos actuais no sector do turismo e a hostalaría. Está a traballar noutros proxectos relacionados cos campos da Xestión Cultural e das TICs aplicadas ao Turismo. Hoxe por hoxe están en proceso de maduración pero esperan que antes de fin de ano poidan ver a luz.

+Info: galiciaclic

Noticias de hoy
Hemeroteca