09:05 h. jueves, 28 de marzo de 2024

DOAZÓNS DE SANGUE

O Centro de Transfusión cifra en 2.500 doazóns de sangue as necesidades dos hospitais na ponte das Letras

Agencias  |  10 de mayo de 2010 (19:40 h.)
Estas datas festivas soen coincidir cun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios debido ao aumento das urxencias por mor dos accidentes de tráfico

Estas datas festivas soen coincidir cun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios debido ao aumento das urxencias por mor dos accidentes de tráfico

A campaña de doazón de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) refórzase nas xornadas previas á ponte festiva das Letras Galegas en previsión dun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos. O obxectivo desta iniciativa do CTG pasa por acadar, entre o 10 de maio e o 18 de maio, un total de 2.500 doazóns de sangue que son as que precisarán os nosos centros sanitarios para poder desenvolver axeitadamente o seu labor asistencial.

Lamentablemente, as pontes festivas soen coincidir cun notable incremento da demanda de hemoderivados por parte dos centros sanitarios galegos xa que nestas datas increméntanse as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Desprazamentos

As dez unidades móbiles do CTG visitarán, ao longo da presente semana, preto de 50 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue.

O CTG agarda novamente contar coa participación dos cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán os seguintes desprazamentos:

 

DATA
CONCELLOS
Luns 10 de Maio

BºCaranza (Ferrol), Bergondo e Guísamo, Cantón Pequeno (A Coruña,) Xanceda e Mesía, Negreira, Zona Herrería (Pontevedra), Rúa Príncipe (Vigo), Ponteareas, Cádavo, Castroverde, Coles e A Peroxa.

Martes 11 de Maio

Zona A Gándara (Narón), Campus Elviña (A Coruña), Praza Conchiñas (A Coruña), Zona San Francisco (Santiago), Zona Herrería (Pontevedra), Rúa Príncipe (Vigo), Ponteareas,Foz, Petín, Vilamartín de Valdeorras e Rubiá.

Mércores 12 de Maio

As Pontes, Campus A Zapateira (A Coruña), Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Campus Sur (Santiago), Santa Comba,Caldas de Reis, CUVI (Vigo), Bueu,Vilalba e Rúa do Paseo (Ourense)

Xoves 13 de Maio

As Pontes, Sada, Perillo (Oleiros), Santa Comba, Cuntis, El Corte Ingles (Vigo), Bueu,Monterroso e Rúa do Paseo (Ourense)

Venres 14 de
Maio

Neda, Zona Riazor (A Coruña), Sta. Cristina (Oleiros), Noia, Vilagarcía,Porriño, A Guarda, Burela e Bº O Couto (Ourense)

Sábado 15 de Maio

Maniños e Perlio (Fene), Mera (Oleiros), Noia,Vilagarcía, A Guarda, Ferreira de Pantón e Sober.

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL ABENTE Y LAGO (A Coruña)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL NOVOA SANTOS (Ferrol)

Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas

Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL SAN JOSÉ (Lugo)

Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

CENTRO DE SAÚDE NOVOA SANTOS (Ourense)

Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)

Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)

Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas

Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Noticias de hoy
Hemeroteca