00:00 h. viernes, 26 de abril de 2024

PRESENTACION DE LIBRO

En castellano no hay problema

Agencias  |  05 de mayo de 2010 (14:55 h.)
A presencación é o Sábado 8 de Maio na Feira do Libro de Santiago de Compostela. Participarán: Carlos Callón, Pilar García Negro (profesora da UDC), Caetano Díaz (director de Galicia Hoxe), Manuel Bragado (director de Edicións Xerais)

O vindeiro 8 de maio será presentado na Feira do Libro de Santiago \"En castellano no hay problema\", compilación de artigos de Carlos Callón, membro da Mesa Pola Normalización Lingüística, nos que fala dos feitos e da política lingüística que se aplicou en Galicia desde o ano 1997 até hoxe, e cos que o autor só pretende fomentar a reflexión sobre a necesidade obxectiva de impedir a desaparizón da lingua.

Segundo ten manifestado o autor do libro nun artigo que publicou Galicia Hoxe, ademáis de no seu blog, \"neste libro recóllense diferentes textos sobre a situación lingüística de Galiza, nos cales se sinalan os problemas máis importantes para a recuperación e extensión social do idioma galego en diferentes ámbitos, mais tamén se propoñen alternativas, tanto a nivel institucional como individual\".

Nos seus textos, Callón tenta transmitir \"unha análise da situación lingüística do noso país lonxe dos narcóticos e prexuízos máis habituais. É unha radiografía descarnada, mais non catastrofista, xa que parte da convicción de que hai que coñecer a realidade para transformala\".

Noticias de hoy
Hemeroteca