03:03 h. jueves, 28 de marzo de 2024

A PARTIR DO VENRES 11 DE XUÑO, SE PODE GOZAR DAS MELLORES TAPAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

SANTIAGO(é)TAPAS 2010

Agencias  |  20 de mayo de 2010 (23:25 h.)
Todos os amantes da boa cociña, e en particular das tapas, poden gozar, dende o venres 11 de xuño e até o domingo 4 de xullo, das mellores tapas en Santiago de Compostela.

Todos os amantes da boa cociña, e en particular das tapas, poden gozar, dende o venres 11 de xuño e até o domingo 4 de xullo, das mellores tapas en Santiago de Compostela.

Facendo un símil coa credencial que utilizan os peregrinos cando chegan a Santiago de Compostela, e que lles da o dereito a obter a afamada Compostela, propoñemos un xogo evocador, simpático, a Compostela de Tapas, o TAPASPORTE, que divide a cidade en varias rutas ou (é)tapas. Os usuarios do Tapasporte terán diferentes premios en función das rutas que cubran.

 

QUERES SER MEMBRO DO XURADO OFICIAL DO CONCURSO?

Para ser membro do xurado oficial tes que explicar no muro deste evento as razóns polas que crees que eres o mellor candidato. Escollerase á persoa que teña máis “gústame” por parte da comunidade de usuarios de facebook. O elexido desempeñará as funcións propias do xurado, gozando gratuitamente das tapas e correspondentes bebidas no desempeño das súas funcións. Terá que ter disposición de tempo para poder facer as rutas definidas polo Secretario do Xurado.

O concurso comeza o 18 de maio ás 12.00 e remata o 31 de maio ás 12.00 (horario local). Non se terán en conta os comentarios publicados fora destes días, nin se contabilizarán os “gústame” feitos.

Para que os demais usuarios identifiquen o teu comentario como candidato ao concurso, tes que poñer en primeiro lugar a palabra \"XURADO\"

As bases poden consultarse en: http://www.santiagoetapas.com/

Noticias de hoy
Hemeroteca