A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap) celebrará o vindeiro 9 de abril a súa V reunión anual, na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela.
Esta cita quere mellorar a formación e a interrelación entre todos os expertos galegos da especializade e profesionais chegados doutras partes de España.
A introdución de temáticas como o uso da ecografía infantil ou a fisioterapia respiratoria en pediatría de atención primaria supón unha novidade nos contidos habituais destas reunións.
Unha conversación con experto, catro obradoiros, unha conferencia de clausura e a asemblea xeral da Asociación forman parte do programa para esta edición.
A AGAPap conta con preto de 200 socios e ten entre os seus obxectivos: ilusionar, motivar e dinamizar o traballo dos pediatras de Atención Primaria, mellorar a calidade das súas actividades e condicións de traballo e resaltar a súa imaxe como profesionais cun alto nivel de formación.
Programa da Reunión
A primeira intervención do programa correrá a cargo do Dr. Jesús Barreiro Conde, pediatra, quen tratará a: “Abordaxe dos temas máis frecuentes en Endocrinoloxía Infantil” na sesión denominada “conversa co experto”.
O primeiro obradoiro será impartido polos pediatras Luis Baamonde Rodríguez e Juan J. Delgado Dominguez, o seu título:” O oído no neno: Otoscopia neumática e hipoacusia”.
O doutor Manuel Merino Moina, pediatra no CS El Greco de Getafe, levará o “Taller iniciación a la Web 2.0”.
“Iniciación á ecografía pediátrica en Atención Primaria ¿que nos pode aportar?” será o obradoiro levado polos doutores Ángel Rodríguez Lorenzo e Manuel Gómez Tellado.
A fisioterapeuta Patricia González Olmedo impartirá o taller “Fisioterapia respiratoria no neno: Nocións básicas”.
Tras estas intervencións chegará a Asemblea Xeral da AGAPap.
Xa pola tarde será tempo da conferencia de clausura, impartida pola doutora Anna Sans Fitó e que leva por título “O papel do pediatra na loita contra o fracaso escolar”. A doutora Sans é neuropediatra experta en trastornos da aprendizaxe do Hospital Sant Joan de Deu de Barcelona.
TENDENCIAS | 11-05-2010
Cruising GaliciaMUNDO | 13-03-2011
Los ciudadanos de Islandia han hecho dimitir al gobiernoESPAÑA | 05-03-2011
Las mejores frases de ZapateroSexo | 26-01-2011
Cómo hacer un masaje eróticoOCIO | 12-01-2011
Viajar por el mundo con alojamiento gratis