00:35 h. miércoles, 24 de abril de 2024

SAIRÁN 8 GRUPOS QUE FORMARÁN PARTE DO CARTEL DO FESTIVAL

Concursos de grupos do Derrame Rock en Ourense

Agencias  |  04 de febrero de 2011 (22:23 h.)
Cartel del concurso de grupos DerramerockXVI de Ourense.
O Xoves, 3 de Febreiro, presentáronse no Auditorio Municipal de Ourense os concursos de grupos do Derrame Rock, así como o concurso de cancións en colaboración con Radio Galega.

O xoves, 3 de febreiro, presentáronse no Auditorio Municipal de Ourense os concursos de grupos do Derrame Rock, así como o concurso de cancións en colaboración con Radio Galega.

A través do concurso de grupos Derrame Rock sairán 8 grupos que formarán parte do cartel do festival, 6 grupos de Ourense e 2 do resto de Galicia e estado.

O sistema de inscrición que comezará o vindeiro luns 7 de febreiro, realízase através de www.musikaze.com/derramerock, onde os grupos que queiran participar poderán subir as súas cancións e crear un espazo web onde colgar información sobre a banda.

O concurso dispón de dúas categorías:

Categoría grupos locais: Poderán participar todos aqueles grupos que conten cun mínimo de dous compoñentes empadroados en Ourense.

Categoría resto de Galiza e Estatal: Poderán participar grupos galegos (excepto Ourensáns) e do resto do estado.

Os grupos seleccionados como finalistas actuarán no festival.

Dentro da categoría de grupos locais haberá un premio extra para o que teña o mellor directo.

Fonte: Derrame Rock

Noticias de hoy
Hemeroteca