05:41 h. jueves, 25 de abril de 2024

ACOMPAÑA A ESTE DISCO UN DESEÑO GRÁFICO MOI COIDADO, DIRIXIDO POR NACHOK

A noite dos cans, o novo disco de Miguel Alonso

Agencias  |  22 de julio de 2010 (23:49 h.)
Nuevo album de miguel alonso, a noite dos cans
A noite dos cans é o novo disco de Miguel Alonso, doce novos temas onde se mesturan a música de autor e o rock cunhas letras polas que asoman Huckleberry Finn, Marilyn, James Dean ou Dylan.

A noite dos cans é o novo disco de Miguel Alonso, doce novos temas onde se mesturan a música de autor e o rock cunhas letras polas que asoman Huckleberry Finn, Marilyn, James Dean ou Dylan.

É, sen dúbida, o traballo máis persoal deste cantautor, e nel aborda dende a precariedade laboral (“Rúas molladas”), a rebelión da muller contra a violencia de xénero (“A raíña do vento”) ou o capitalismo (“Cen mil gaivotas”) ata temas máis intimistas e cotiáns, que son, en realidade, o núcleo desta gravación (“Ás veces”, “A túa coartada”, “Irene”...).

Neste proxecto, ademais da banda habitual do músico ferrolán (Javier Santana, David Dapena e Víctor Méndez), tamén participan outros músicos como Maciek Bulik, Rubén Uahu ou Pablo Terraga.

Acompaña a este disco un deseño gráfico moi coidado, dirixido por Nachok (www.nachok.net), no que diversos fotógrafos colaboran cunha imaxe que ilustra cada unha das cancións do disco.

Edítase tanto en cd físico (xa á venda en tendas, web e concertos) coma en formato dixital (xa dispoñible en iTunes, Amazon, E-music...).

CONTIDO DO CD:

  1. Rúas molladas
  2. As pantasmas desta casa
  3. A túa coartada
  4. Deus xa nunca pasa por aquí
  5. A raíña do vento
  6. Cen mil gaivotas
  7. Fuxida no1 (adeus a esta casa)
  8. Irene
  9. Ás veces
  10. Santiago chora
  11. Noite sen noite
  12. Huckleberry Finn

Letra e música (de todos os temas): Miguel Alonso

Producido por Miguel Alonso.

Arranxos: Alonso/Méndez/Santana

Gravado en Sons Davila e Pequeño Desastre Records por Paco Cerdeira, César Morais e Miguel Alonso.

Mesturado e masterizado en Sons Davila por Paco Cerdeira.

Músicos:

  • Miguel Alonso (voces, guitarras, piano, teclados e harmónica)
  • Javier Santana (guitarras)
  • Víctor Méndez (baixos)
  • David Dapena (batería e percusións)
  • Maciek Bulik e Rubén Uahu (batería)
  • Pablo Terraga (colaboración especial en “As pantasmas desta casa”, guitarra eléctrica e slide)

PREZO DE VENDA: 8 euros.

WEB OFICIAL: www.miguelalonso.tk

CONTACTO (entrevistas, actuacións...): contacto@miguelalonso.tk /miguel_alonso_fdez@hotmail.com

Telf: 658600957

Escoita xa 4 temas de adianto en www.myspace.com/miguelalonsocantautor

 

Noticias de hoy
Hemeroteca