00:04 h. martes, 19 de marzo de 2024

NON FOI DOADO ESCOLLER

Quempallou edita un recompilatorio: 'Once anos mallando'

Agencias  |  11 de febrero de 2011 (09:17 h.)
Dos de los integrantes de grupo de folk gallego Qempallou
O grupo folk Quempallou celebra os seus once anos de andaina con Once anos mallando (Zouma Records), cunha recompilación do mellor da súa discografía. "Non foi doado escoller, non. Escolmamos o máis representativo, e tamén o que funciona mellor nos concertos.

O grupo folk Quempallou celebra os seus once anos de andaina con Once anos mallando (Zouma Records), cunha recompilación do mellor da súa discografía. "Non foi doado escoller, non. Escolmamos o máis representativo, e tamén o que funciona mellor nos concertos. Os temas máis axeitados para ver a evolución da banda", explicou o acordeón do grupo, Roi Maceda.

Quempallou naceu no ano 1999 entre o Incio (Lugo) e o Morrazo (Pontevedra). O primeiro CD chegou no 2002, e con el foron número un na lista de emisión W.R.A.S. de Atlanta (EE.UU.), dedicada ás Músicas do Mundo. "Comezamos Guillerme e eu cando estudabamos, coa intención de seguir polo menos ata acabar a carreira. Non pensamos que iamos chegar onde chegamos hoxe. Empezamos coa música tradicional porque era de onde viñamos: bandas de gaitas, de baile... E despois fomos evolucionando cara a un estilo propio, sen perder a raíz tradicional", indicou Roi.

"É certo que fomos introducindo novidades, nos instrumentos por exemplo. Combinamos instrumentos galegos con outros doutras tradicións musicais, aínda que xa no primeiro disco tiñamos o bouzouki... Tamén houbo cambios na composición do grupo, e tentamos apostar pola profesionalización", apuntou.

No 2004 editaron Estremonías, un traballo no que denunciaban a desfeita da Terra ou a explotación neoliberal.

Quempallou xa está preparando seu quinto disco, que sairá despois do verán. "Será un traballo máis elaborado, máis maduro e reflexionado. Desde Polo aire xa pasaron catro anos, e este queremos preparalo ben para que polo menos non sexa peor que o anterior. Polo aire xa marcou a estabilidade do grupo, e iremos na mesma liña. Serán moi importantes a corda e o acordeón, a voz, a percusión, e a mensaxe, reivindicativa pero tamén con outros elementos. Haberá, por exemplo, unha cantiga de arrolo, ou unha copla tradicional...", adiantou o músico.

A banda actuou nos máis importantes festivais folk de Galicia, como Ortigueira, ademais de tocar en distintos lugares da Península (Setúbal ou Loulé en Portugal, Madrid, Barcelona...) e de Francia. "Si é certo que o dos festivais está máis difícil coa crise", apuntou.

Fonte: Galicia Hoxe

Noticias de hoy
Hemeroteca