00:29 h. martes, 19 de marzo de 2024

CONCURSARÁ COA CANCIÓN 'QUE ME QUITEN LO BAILAO'

Unha galega representará a España en Eurovisión

EPL  |  19 de febrero de 2011 (03:13 h.)
Lucía Pérez en una actuación del programa Destino Eurovisión.
A cantante do Incio Lucía Pérez foi elixida a representante de Televisión Española no festival de Eurovisión deste ano, que se celebrará o 14 de maio en Dusseldorf. A cantante lucense foi a máis votada polo público no programa de TVE 'Destino Eurovisión'

A cantante do Incio Lucía Pérez foi elixida a representante de Televisión Española no festival de Eurovisión deste ano, que se celebrará o 14 de maio en Dusseldorf. A cantante lucense foi a máis votada polo público no programa de TVE 'Destino Eurovisión', onde reuniu o 68 por cento dos votos, superando ao grupo Auryn e solista Melissa.

A primeira cantante galega que acode a este certame concursará coa canción 'Que me quiten lo bailao'. O xurado descartou, non sen dificultades, as outras dúas coas que aspiraba a ser a elixida: 'Abrázame' e ''C'est a vie! It's allright'. 

O empate non foi o único incidente da noite, porque Lucía tamén quedou sen música en escena, por un fallo no son, durante a primeira actuación da canción finalmente elixida.

A canción elixida, composta polo músico Rafael Artesero, "é moi movida, típica de Eurovisión", afirmou Reyes do Amor, experta no festival e membro do xurado do programa de TVE, integrado por Albert Hammond, Boris Izaguirre, Sole Giménez e David Ascanio.

Lucía Pérez deuse a coñecer na 'Escola de cantareiros' de 'Luar', o veterano programa de Televisión de Galicia.

Fonte: Galiciae

Noticias de hoy
Hemeroteca