05:41 h. jueves, 25 de abril de 2024

ACTUALIDADE

O tráfico de órganos terá penas de ata doce anos

redacción / axencias /  |  18 de noviembre de 2009 (14:16 h.)

O tráfico ilegal de órganos será delicto, con penas de ata doce anos de cárcere, tanto para quen o promova, como para os receptores. Anunciouno onte a ministra de Sanidade, Trindad Jiménez, que asegurou que coa reforma prevista do Código Penal castigaranse todos as infraccións relacionados con esta actividade.

Jiménez sinalou ademais que “os tres primeiros trimestres do ano se pecharon cun incremento da doazón e dos transplante de entre o 5% e un 6%, a cifra máis alta deste século, “que aventuran máximos históricos para o ano 2009”, dixo. Así, O director da Organización Nacional de Transplantes (ONT), Rafael Matesanz, asegurou que a finais de ano se poderían superar os 1.600 e que o obxectivo do Plan Estratéxico Doazón é chegar a 40 doantes por millón de habitantes, o que supón alcanzar 4.500 intervencións anuais, fronte as 3.800 de 2008. Estas cifras son posibles grazas a loxistica deseñada para o transporte dos membros. O ano pasado, realizouse o seutraslado mediante uns 1.700 voos, nos que estiveron implicados máis de corenta aeroportos. Así, o da Coruña recibiu 68 órganos; o de Santiago, 23, e o de Vigo, 12. No que vai de ano, en Galicia xa se xestionarion 44 viaxes, segundo a revista do Ministerio de Fomento.

Distintas penas

Na nova normativa anunciada onte pola ministra contemplanse penas que irán dende os seis aos doce anos para quen promova, favoreza, faciliten ou publicite a obtención ou o tráfico ilegal de partes do corpo ou o seu transplante cando se trate dun órgano principal. No caso de que sexan outro tipo de materiais humanos, as penas irán dos tres aos seis anos. Ademais, se o receptor soubese que os inxertos son ilegais, recibirá a mesma condena.

A nova lexislación permitirá, en todo caso, que se poida rebaixar o castigo nun ou dous graos, segundo as circunstancias nas que se cometa esta infracción.

Noticias de hoy
Hemeroteca