05:41 h. jueves, 25 de abril de 2024

DENUNCIA A FALTA DE APOIO

Ana Luísa Bouza: “A Xunta abandona ao software libre”

C. Fraga  |  14 de julio de 2009 (02:30 h.)

Despois de que a Xunta dera a coñecer o Plan de Medidas Urxentes, presentado no Consello da Xunta o pasado xoves, o BNG denunciou onte a “ausencia de apoio ao software libre, en galego e ás empresas TIC” por parte da Xunta.

A deputada nacionalista na Cámara Galega, Ana Luísa Bouza, presentou unha iniciativa na que lamenta a “total ausencia” destas liñas estratéxicas no plan de choque do goberno de Núñez Feijóo.

No Consello da Xunta anunciouse a inversión de 8,34 millóns de euros ata 2010 no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación, ademais de na licitación, no mes de xullo, dun Plan Estratéxico Global para orientar a política tecnolóxica da Xunta.

Unhas inversións que non contemplan “os requisitos” da licitación “ao apoio ao software de estándares abertos” ou “en galego e por empresas TIC” de Galicia.

Na iniciativa presentada polo BNG tamén se denuncia o silencio sobre “o Plan Estratéxico Galego da Sociedade de Información 2007-2010 (PEGSI) que está en vigor e que contén medidas “pendentes de desenvolver e xa presupostadas”. Bouza instou ao Executivo galego a que asuma o PEGSI, lle dea continuidade e dea respostas sobre “o calendario de extensión da banda larga no rural” e sobre os “criterios de apoio ao software libre e as TIC”

 

ADXUDICACIÓNS DE MICROSOFT

“Iniciativas como Mancomún, Galinux ou a Rede de Dinamización parecen condenadas a desaparecer sen que o Plan Estratéxico Global do actual goberno propoña alternativas para remplazalos. Un plan que, en contra do prometido na campaña por Núñez Feijóo, nin sequera menciona a implantación do software libre na Xunta”, afirmou Bouza. Isto contrasta cos cinco millóns de euros en licencias informáticas adxudicados polo actual Goberno a multinacionais, como denunciou Xornal de Galicia. A máis conflitiva é a concesión de 2,2 millóns a Microsoft mediante un procedemento negociado e sen publicidade. Ante esta falta de apoio ao software libre e en galego. e tamén ás TIC, hai prevista unha mobilización a través da rede esixindo que a Xunta manteña a continuidade de Mancomún.

Noticias de hoy
Hemeroteca