19:45 h. Martes, 12 de Diciembre de 2017

Xornal Retrincos

O SISTEMA OPERATIVO LIBRE DA USC E DO PROXECTO ABALAR

Traballo diario con Ubuntu

O obxectivo deste curso é introducir aos participantes de xeito metódico e exhaustivo nos detalles do funcionamento do GNU/Linux dende o punto de vista do usuario medio, como contraposición aos usuarios avanzados. Búscase amosar que o GNU/Linux está “listo para o escritorio”, derrubando o mito de que é un sistema soamente para informáticos.
Agencias  |  04 de Julio de 2011 (18:03 h.)
Más acciones:

Curso de ubuntu na USC
Curso de ubuntu na USC
OBXECTIVOS

O obxectivo deste curso é introducir aos participantes de xeito metódico e exhaustivo nos detalles do funcionamento do GNU/Linux dende o punto de vista do usuario medio, como contraposición aos usuarios avanzados. Búscase amosar que o GNU/Linux está “listo para o escritorio”, derrubando o mito de que é un sistema soamente para informáticos.

Porase énfase en que os participantes rematen o curso cos coñecementos necesarios para poder facer con Software Libre as mesmas tarefas que veñen realizando habitualmente noutras plataformas, para deste xeito axudar a aqueles que se atopen en proceso de migración.

PÚBLICO

Este seminario está aberto ao público en xeral, pero será de moita utilidade para os alumnos e ex-alumnos da USC que no futuro aspiren a ser profesores en primaria e secundaria na comunidade galega xa que o proxecto Abalar emprega unha variante deste sistema operativo. Asemade tamén é un seminario interesante para os profesores que participan ou participarán no proxecto Abalar.

Recoméndase especialmente para os usuarios que veñan de se iniciar nos sistemas GNU/Linux ou que están pensando en faceren unha migración ao mesmo. O curso non require de coñecementos previos xa que se parte de cero.

PRAZO e IMPORTE da MATRíCULA

A inscrición poderáse facer en liña a partires do 30 de maio ou presencialmente a partires do 20 de xuño. A data límite de inscrición é o 8 de xullo

NON SERá POSIBLE MATRICULARSE FóRA DO PRAZO. Informacións das normas reguladoras da universidade de verán na seguinte ligazón: uveran11

Os importes da matrícula distinguiránse en duas seccóns:

  • Taxa xeral: 70 € (*)
  • Taxa reducida: 40 € (*#)

* - Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizado matrícula en estudios oficiais na USC no curso académico 2010-11 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2010/11 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un coste de 14€. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2011.

# - Aplicable a estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC.

O pagamento da matrícula debe realizarse dentro dos CINCO DÍAS NATURAIS de facer a inscrición. En caso contrario, a inscrición quedará anulada. En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.

  • Lugar: Nas aulas da ETSE no Monte da Condesa
  • Nº de horas lectivas: 20
  • Organiza: A Oficina de Software Libre
  • Director: Tomás Fernández Pena
  • Límite de alumnos: 50

 

PROGRAMA

Advertencia: O programa está pechado salvo cambios de última hora. Cada sesión terá lugar, pola tarde de 16:30 a 20:30, nas aulas da ETSE no Monte da Condesa, no Departamento de Electrónica e Computación (DEC). Este curso están pendente da resolución de puntos para o profesorado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (realizouse o trámite e estase a espera de coñecer se é aceptado).

 

Luns (18 de Xullo do 2011)

Como moverse e traballar no entorno da Ubuntu (O escritorio)

Impartida por: Enrique Estévez Fernández

Meu novo escritorio. Diferenzas con Windows Escritorios virtuais (e por que son útiles) Moverse polo escritorio (o manexo do nautilus) Montar e desmontar dispositivos Como comprimir e descomprimir arquivos Personalizar o escritorio (fondo de pantalla, temas, iconas, ...) Lanzadores de aplicativos (gnome-do) Configuración do idioma Como gravar fotos, música e datos Ofimática básica

 

Martes (19 de Xullo do 2011)

Aplicativos para traballar en/con Internet

Impartida por: Óscar Casal Sánchez

Navegando pola rede (Firefox) Traballando co correo electrónico Comunicarse na rede (as redes sociais) Outras canles de comunicación

 

Mércores (20 de Xullo do 2011) 

Instalar e eliminar paquetes de software

Impartida por: David Martínez Carballo

O centro de software de Ubuntu Como buscar software? Como instalar un paquete individual Como instalar programas que non sexan paquetes Wine: aplicativos de Windows

 

Xoves (21 de Xullo do 2011) 

Cando o software libre non é dabondo - Como xogar en Ubuntu

Impartida por: Francisco Diéguez Souto

Aplicativos privativos Códecs Controladores de dispositivos Os xogos sen máis Xogos en wine Xogos mediante outros sistemas (playonlinux, playdeb, ...)

 

Venres (22 de Xullo do 2011) 

As posibilidades do GNU/Linux e a comunidade

Impartida por: Denís Fernández Cabrera

Ofimática: LibreOffice Multimedia: Rythmbox, Totem, VLC Edición de vídeo: Kino, Kdenlive, Cinelerra... Deseño e maquetación: Inkscape, GIMP, Scribus... Tratamento e análise de datos: QTIPlot, SAGE, R... Programación e desenvolvemento: C, C++, C# (Mono), Python, Ruby... VOIP e Videoconferencia: Ekiga, Empathy... A comunidade e a axuda entre usuarios: LUGs Como atopar documentación e axuda: foros de Ubuntu, LFDP... Os Grupos de Usuarios de GNU/Linux da Galiza

 

CONTACTO

PATROCINADORES: Xunta de Galicia Openhost Igalia AGASOL Tegnix Trasno Ghandalf Sacauntos

Más noticias en TECNOLOGÍA

  Google compra Motorola

El gigante de Internet Google lo será aún más a partir de ahora. La multinacional estadounidense anunció ayer que...

  Cómo potenciar el EdgeRank de Facebook y ganar visibilidad

De todas las páginas en Facebook de la que somos fans, ¿cuántas realmente aparecen en los Top News de nuestro News Feed?
Noticias de hoy