Imprimir

‘Maxicamente vello’, sinxelo do novo disco de Roi Casal

Agencias | 30 de enero de 2011

Maxicamente vello será o título do segundo traballo en solitario de Roi Casal, que se publicará o vindeiro 8 de febreiro. Tras o seu debut con Lendas douradas en 2009, o músico volve ao primeiro plano cun traballo “máis íntimo e persoal.

Maxicamente vello será o título do segundo traballo en solitario de Roi Casal, que se publicará o vindeiro 8 de febreiro. Tras o seu debut con Lendas douradas en 2009, o músico volve ao primeiro plano cun traballo “máis íntimo e persoal, que a través dunha mirada contemporánea dá como resultado un disco con diferentes matices, que van desde a música tradicional ata o pop-rock”.

O segundo traballo de estudio de Roi Casal, tras dez anos de carreira en Milladoiro, levará o nome do poema de Manuel María ao que puxo música. Segundo o músico, Maxicamente vello é unha das cancións “máis solicitadas” polo seu público. “Levo máis dun ano tocándoa nos concertos e é un dos temas onde hai máis conexión cos espectadores”.

Foi o vento é o primeiro sinxelo do novo disco, onde Silvia Ferre pon a voz e Roi Casal toca a arpa. O músico iniciará unha xira que o levará a doce cidades, galegas e de fóra de Galicia, comezando o 18 de febreiro na sala Capitol de Santiago e o 19 no Teatro Rosalía da Coruña.

Fuente: Xornal

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://xornalretrincos.opennemas.com/articulo/musica/-maxicamente-vello-sinxelo-do-novo-disco-de-roi-casal/20110130234250003103.html

Xornal Retrincos
© 2020 Xornal Retrincos

Plataforma Opennemas - CMS for digital newspapers
Carretera Cabeanca - Boveda (priorato) s/n
Boveda, Amoeiro
32980, Ourense
Telf: +34 988980045
OpenHost, S.L.


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS