09:46 h. martes, 23 de abril de 2024

TRADUCINDO Ó GALEGO DENDE 1999

Ben Falado - Proxecto Trasno

Agencias  |  30 de julio de 2010 (16:34 h.)
O grupo trasno fala do seu traballo e da súa gran aportación no programa Ben Falado! da CRTVG. 

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego.

O Proxecto Trasno nace no ano 2000 a partir de dous proxectos que no 1999 comezan a localizar software libre e documentación ao galego. Durante estes anos os voluntarios do proxecto traballaron nos principais aplicativos de software libre: dende as distrubucións Linux, os entornos de escritorio a cantidade de ferramentas de ofimática ou multimedia. Así mesmo, o traballo de elaboración de terminoloxía do eido das novas tecnoloxías é unha das principais ocupacións do grupo.

O espazo televisivo do Ben falado! de hoxe estivo adicado ao Proxecto Trasno.  O xa veterano programa da grella da TVG Ben falado!
 é un microespazo diario de cinco minutos adicados á lingua galega e presentado por Xesús Ferro Ruibal,  académico do centro Ramón Piñeiro.  O capítulo emitido o día 29 de Xullo,  foi rodado en Maio contando coa colaboración dalgúns dos membros do proxecto.

Fonte: trasno.net

Noticias de hoy
Hemeroteca