00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

DÍA 30 DE MARZO

Celébrase en todo o mundo o Día da Liberdade dos Documentos

Agencias  |  30 de marzo de 2011 (02:43 h.)
Cartel da celebración do día da liberdade dos documentos 2011
O Día da liberdade dos Documentos (DFD) é unha iniciativa levada adiante por organizacións do campo do acceso ao coñecemento, a non discriminación e o Software Libre, segundo iniciativa da FSF (Free Software Foundation) en todo o mundo o vindeiro día 30 de marzo.

O Día da liberdade dos Documentos (DFD) é unha iniciativa levada adiante por organizacións do campo do acceso ao coñecemento, a non discriminación e o Software Libre, segundo iniciativa da FSF (Free Software Foundation) en todo o mundo o vindeiro día 30 de marzo.

O obxectivo é chamar atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos en formatos libres e baixo estándares abertos, así como promover a adopción de formatos de documentación abertos, integrar unha rede global e coordinar actividades para difundir a importancia destes conceptos na era dixital.

Cantas veces ocorreu que ficheiros gardados nun formato privativo tornáronse inaccesibles logo de que o provedor do software abandonara a asistencia ao mesmo? Cantas veces viuse obrigado a conseguir un programa específico dunha empresa en particular, porque alguén lle enviou un ficheiro importante nun formato que só se pode abrir coa última versión dun programa desa única empresa?Cantas veces topouse cun sitio gobernamental que o obrigaba a usar o software dun só provedor para exercer os seus dereitos como cidadán?

Construír un ecosistema informático no cal múltiples provedores convivan, os cidadáns teñamos o dereito a elixir sen temor a sufrir discriminacións, os formatos estean libres de patentes e restricións legais para a súa implementación e póidase estudar como están construídos para preservalos a futuro, é unha das tarefas fundamentais para quen velamos polo libre acceso ao coñecemento, o respecto aos dereitos cidadáns en Internet, a perennidade dos datos e a igualdade de cidadáns ante a lei.

Xornada galega do Día da Liberdade dos Documentos

A Comunidade galega do Software Libre quere unirse a este día de celebración mundial organizando unha xornada á que convida a achegarse a toda a cidadanía.

A xornada galega do Día da liberdade dos documentos será o vindeiro mércores 30 de marzo na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

Axenda

No hall (parte baixa) da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións
   10:00 a 10:30 - Recepción de asistentes ao DFD 2011

Actos a celebrar no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións
   10:30 a 11:30 - Mesa técnica «Empresas-Administración»

   11:40 a 12:00 - Inauguración oficial da xornada:
      D. Adrián Lence Paz, Subdirector Xeral de Infraestruturas e de Telecomunicacións da Xunta de Galicia
      Dª Edita de Lorenzo, Directora da E.E.T. Universidade de Vigo.

   12:00 a 12:50 - Conferencia-Debate «A necesidade do emprego de Estándares Abertos»:
      Jomar Silva, Director de ODF Alliance Latin America (colaborador remoto)
      Roberto Brenlla, CKO en Tegnix, Coordinador CRF ASOLIF

   13:00 a 14:00 - Mesa redonda «GUGLs-OSL-Empresas»

Posteriormente, os membros da comunidade e quen desexe acompañalos desprazaranse para ter unha comida cominitaria

No hall da Escola, Alumnado voluntario instalará a quen o desexe LibreOffice, OpenOffice.org ou NeoOffice en computadores con Windows/MacOS X.
Nota: En equipos de baixos recursos tamén poderán instalar o aplicativo de tratamento de textos «AbiWord» (só Windows ou GNU/Linux).

Outras sedes colaboradoras

Lugo
No In Lugo CIS Lugo, mapa, preténdese facer unha breve introdución sobre estándares abertos e formatos cada hora, xusto no comezo de cada obradoiro. Tras isto procederase á instalación das suites ofimáticas. É dicir, ás 10-11-12-13 / 16-17 darán comezo obradoiros con curtas explicacións sobre os estándares.

Santiago de Compostela
O mércores 30 de marzo, de 15 a 19:00 horas, na Residencia de estudantes do Monte da Condesa do Campus na Vida da USC (Universidade de Santiago de Compostela), a súa Oficina de Sw Libre e mailo GLUG Terán un PIC (Punto de Información no Centro) e a partires das 17:00 farán unhas charlas-debate sobre estándares, Software Libre e boas prácticas.

Paterna (Valencia)

Fonte: wiki.mancomún

Noticias de hoy
Hemeroteca