00:06 h. sábado, 20 de abril de 2024

UNS CONSELLOS QUE CHEGAN TRAS UNHA TENSA CONVERSA QUE O SECRETARIO XERAL DO PP, MARIANO RAJOY MANTIVO CON REY

José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia.

Agencias  |  01 de abril de 2011 (23:11 h.)
José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey.

José Luis Gómez deixa a dirección de Xornal de Galicia. Esta decisión chega tras os consellos de Jacinto Rey, o empresario dono de Xornal de Galicia a través de Udramedios, a división de medios de comunicación do Grupo San José. Uns consellos que chegan tras unha tensa conversa que o secretario xeral do PP, Mariano Rajoy mantivo con Rey. 

E é que o líder popular montou en cólera tras a publicación por parte de Xornal e do diario Público dunha fotografía na que aparecía a bordo do iate Moropa, pertencente ao clan de Os Caneos de Cambados, con varias xeracións de condenados por tráfico de drogas. E a reacción inmediata foi chamar a Jacinto Rey para pedir explicacións por esta información.

Futuro presidente 

Segundo as fontes consultadas, Rajoy insinuou que será o presidente do Goberno en breve, o que implica ter o poder de continuar adxudicando, ou non, obras públicas ás grandes empresas españolas, entre elas, por suposto, á Constructora San José. Un aviso que Rey captou de inmediato. As fontes consultadas divirxen no contido completo desa conversa pero todas coinciden en que Rajoy lle pediu a cabeza de Gómez. 

A información publicada o luns por Xornal non só causou indignación na sede do PP en Génova, senón tamén, no PP de Galicia. De feito, o presidente galego Núñez Feijóo era consciente xa desde mediados desta semana que o xa ex director de Xornal tiña un pe fora da empresa.

"Ariete" do PSOE

E é que os populares galegos acusan a este medio de ser un "ariete" do PSOE, especialmente, nos últimos meses, tras o acercamento deste medio a José Blanco, que mantén boas relacións con Jacinto Rey. De feito, o empresario pontevedrés é un dos grandes beneficiarios das obras do Ministerio de Fomento.

Hai escasamente dous meses, Xornal de Galicia renovaba o seu Consello de Administración. O empresario Alfonso Paz-Andrade era nomeado novo presidente do Consello de Administración substituíndo no cargo a Domingo Docampo. Xunto a el están agora Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, como vicepresidente primeiro e Miguel Barros, histórico dirixente socialista, que xa formaba parte do Consello de Administración, como vicepresidente segundo. Uns cambios que se interpretaron como unha aproximación ao PSOE.

O que queda por dilucidar é o futuro de Gómez, que tamén é accionista e conselleiro desta empresa de comunicación, froito da súa participación a través de Xornal Galinet SA, a empresa editora do primixenio xornal.com.

Fonda relación

Non é a primeira vez que Gómez e Rey manteñen diferencias. A primeira delas foi en 2004, cando se abortou a primeira operación para sacar Xornal de Galicia en papel. Entón o detonante foi a dimisión do profesor José María da Rocha como presidente e conselleiro delegado un mes despois de ser nomeado. Entón, Rey posuía o 32% de Xornal Galinet. A relación retomouse pouco despois, e en 2008 saía a rúa, Xornal de Galicia. Durante estes dous anos e medio houbo máis crisis internas, a máis grave, a saída do xerente Miguel Angel Souto, cuñado de Rey, en febreiro de 2010, por "diferencia de criterio" empresarial con Gómez.

Antes de invertir en Xornal, San José fíxose co dominio de Promocións Culturais Galegas, na que invertiu máis dun millón e medio de euros en 2006. Esta empresa, editora do semanario nacionalista A Nosa Terra, iniciou un ambicioso proxecto de crecemento que acabou en fracaso e coa empresa en suspensión de pagos.

Fonte: Galicia confidencial

Noticias de hoy
Hemeroteca