00:03 h. sábado, 20 de abril de 2024

A ASOCIACIÓN GALEGA DA PEDIATRÍA DE ATENCIÓN PRIMARIA (AGAPAP) PROFUNDIZARÁ NO USO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

V reunión anual da AGAPap

Agencias  |  31 de marzo de 2011 (23:44 h.)
Logo da(AGAPap)Asociación Galega da Pediatría de atención primaria
A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap) celebrará o vindeiro 9 de abril a súa V reunión anual, na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela.

A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap) celebrará o vindeiro 9 de abril a súa V reunión anual, na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela.

Esta cita quere mellorar a formación e a interrelación entre todos os expertos galegos da especializade e profesionais chegados doutras partes de España.

A introdución de temáticas como o uso da ecografía infantil ou a fisioterapia respiratoria en pediatría de atención primaria supón unha novidade nos contidos habituais destas reunións.

Unha conversación con experto, catro obradoiros, unha conferencia de clausura e a asemblea xeral da Asociación forman parte do programa para esta edición.

A AGAPap conta con preto de 200 socios e ten entre os seus obxectivos: ilusionar, motivar e dinamizar o traballo dos pediatras de Atención Primaria, mellorar a calidade das súas actividades e condicións de traballo e resaltar a súa imaxe como profesionais cun alto nivel de formación.

Programa da Reunión

A primeira intervención do programa correrá a cargo do Dr. Jesús Barreiro Conde, pediatra, quen tratará a: “Abordaxe dos temas máis frecuentes en Endocrinoloxía Infantil” na sesión denominada “conversa co experto”.

O primeiro obradoiro será impartido polos pediatras Luis Baamonde Rodríguez e Juan J. Delgado Dominguez, o seu título:” O oído no neno: Otoscopia neumática e hipoacusia”.

O doutor Manuel Merino Moina, pediatra no CS El Greco de Getafe, levará o “Taller iniciación a la Web 2.0”. 

“Iniciación á ecografía pediátrica en Atención Primaria ¿que nos pode aportar?” será o obradoiro levado polos doutores Ángel Rodríguez Lorenzo e Manuel Gómez Tellado.

A fisioterapeuta Patricia González Olmedo impartirá o taller “Fisioterapia respiratoria no neno: Nocións básicas”.

Tras estas intervencións chegará a Asemblea Xeral da AGAPap.

Xa pola tarde será tempo da conferencia de clausura, impartida pola doutora Anna Sans Fitó e que leva por título “O papel do pediatra na loita contra o fracaso escolar”. A doutora Sans é neuropediatra experta en trastornos da aprendizaxe do Hospital Sant Joan de Deu de Barcelona.

Noticias de hoy
Hemeroteca