14:29 h. viernes, 26 de abril de 2024

A COORDINADORA FESTA DA ISTORIA NACE NO ANO 1991 GRAZAS Ó IMPULSO E A ILUSIÓN DOS HABITANTES DE RIBADAVIA

A coordinadora da Festa da Istoria

Agencias  |  25 de agosto de 2010 (20:12 h.)
Cartel da Festa da Istoria 2010
A Coordinadora Festa da Istoria nace no ano 1991 grazas ó impulso e a ilusión dos habitantes de Ribadavia. Con ese mesmo espírito, pero actualizándose constantemente, traballou e traballa para robustecer e proxectar o mundo da Festa da Istoria.

Presentación

A Coordinadora Festa da Istoria nace no ano 1991 grazas ó impulso e a ilusión dos habitantes de Ribadavia. Con ese mesmo espírito, pero actualizándose constantemente, traballou e traballa para robustecer e proxectar o mundo da Festa da Istoria.

Obxectivos

A actual versión da Festa da Istoria é unha translación ó tempo da celebrada en Ribdavia ata o século XIX e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, Patroa do Ribeiro.

Dentro dos obxectivos básicos da Festa da Istoria, sobresaen de sobremanera a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron a propia historia de Ribadavia e da súa Bisbarra.

Neste ámbito, a Istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa esquecidos, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, canteiros, cesteiros e un longo etcétera de tradicións artesanais populares de grande incidencia na historia económica de Galicia, sen esquecer a importancia do viño do Ribeiro.

Todo iso posibilita que a Istoria favoreza o turismo rural, monumental e cultural, ata cotas insospeitadas, con visitantes de toda Galicia e do resto do Estado Español nun número xa moi importante.

Integrantes

A Coordinadora está composta por veciños a título individual e outros que representan diferentes organizacións culturais. Todos os membros da asemblea teñen un voto á hora de decisión.

O prazo para integrarse na Coordinadora é de tres meses, dende a convocatoria de nova constitución, alá polo mes de setembro de cada ano.

Os membros que compoñen a Coordinadora, asumen as distintas responsabilidades do acontecemento cultural, entre eles, e comezan a desenvolver cada actividade sobre a base do traballo realizado en anteriores edicións.

Os membros da Coordinadora Festa da Istoria para a presente edición son os seguintes:

Presidente: Miguel García Domínguez.

Vicepresidenta: Yolanda Gómez Gómez.

Secretario e Coordinador de Actividades: Anxo González Castiñeiras.

Tesoreiro: David López Gómez.

Voceiro: Elvira García Hermida.

Vogais: Anxo Collarte Pérez, Begoña Rodríguez Fernández, Dario Ángel Rodríguez Rodríguez, Dario Escudero Martínez, Emma Giráldez Fernández, Francisco Fernández Touza, Ignacio Armando González Torres, Ignacio Gómez, Ignacio Martínez Alonso, Luisa Escudero, Luisa Fidalgo, Miguel Arias Fernández, Patricia Pereira Alonso, Rebeca Barreiro García, Rebeca González Álvarez, Rocio Estévez Rodríguez, Tomás Gómez Vázquez.

Noticias de hoy
Hemeroteca