00:24 h. sábado, 27 de abril de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A Academia Galega rende homenaxe a Novoneyra

Agencias  |  17 de mayo de 2010 (14:20 h.)
A localidade de Folgoso é o escenario do acto adicado ao autor de \'Os Eidos\', \"espléndida luminaria poética que fixo máis habitable a segunda metade do século XX\", segundo Ferrín

A localidade lucense de Folgoso do Courel acolle hoxe os actos centrais do Día das Letras Galegas en homenaxe ao poeta Uxío Novoneyra, un evento institucional organizado pola Real Acadamia Galega (RAG) para recordar quen foi, en palabras do seu presidente, Xose Luís Méndez Ferrín, \"unha espléndida luminaria poética que fixo máis habitable a segunda metade do século XX\".

A RAG celebrará unha sesión plenaria extraordinaria e pública na antiga escola Seoane, a partir das 12.00 horas, nas que intervirán os académicos Manuel Rivas, Margarida Ledo, Darío Xohán Cabana e Manuel González. Posteriormente, pechará o acto o propio Ferrín para despois, ás 13.30 horas, celebrar a inauguración o novo CPI Poeta Uxío Novoneyra.

Este evento conmemorativo verase acompañado de diferentes actos de homenaxe nas catro provincias galegas, impulsados por concellos, institucións e asociacións de todo tipo co obxecto de reivindicar a figura do poeta a través da literatura, a reedición das súas obras máis destacadas, ou actuacións musicais.

A Consellería de Cultura e Turismo organizou unha actuación especial no centro de Ensino de O Courel -13.00 horas- a través do grupo artístico Tender a man, conformado pola poetisa Yolanda Castaño e Branca Novoneyra, filla do poeta, para mostrar \"un novo xeito de ver e comunicar a poesía máis novo e actual\".

Ademáis, organizou un ciclo de sete concertos denominado Interseccións, A ollada de Novoneyra, un espectáculo ao cargo do compositor Emilio Cao no que colaborou \"con letra\" o propio poeta homenaxeado, durante os últimos anos da súa vida.

Ademais de actos en diferentes localidades, o Museo do Pobo galego acolle unha mostra de primeiras edicións e colaboracións en publicacións en torno á obra do homenaxeado, que se poderá visitar ata o 30 de maio.

Uxío Nononeyra naceu en Folgoso do Courel en 1930 e ao longo da súa vida consagrouse como un dos referentes da poesía galega contemporánea. Na súa bibliografía, destaca a publicación de Os Eidos, a súa obra de referencia, a través da Editorial Galaxia dirixida por Ramón Piñeiro.

Esta obra recolle poemas escritos entre os anos 1952 e 1953, aínda que outros varios dos poemas máis destacados do autor foron publicados en revistas e panfletos antes de ser recompilados en libros posteriores. O coñecido como \'poeta do Courel\' faleceu o 30 de outubro de 1999, en Santiago de Compostela.

Noticias de hoy
Hemeroteca