00:11 h. sábado, 27 de abril de 2024

BLOQUE CRITICOU QUE A XUNTA PRESENTE O SOFTWARE LIBRE COMO "ALGO FREAK E PROPIO DE MELENUDOS ANTISISTEMA"

Denuncia do BNG contra a contratación de software privativo por parte da Xunta

Agencias  |  23 de diciembre de 2010 (19:35 h.)
A deputada do BNG Ana Luisa Bouza reprobou ao Goberno galego por unha \"continua contratación\" de software privativo, o que, ao seu xuízo, implica \"o incumprimento do compromiso\" electoral da Xunta para coa implantación do libre.

A deputada do BNG Ana Luisa Bouza reprobou ao Goberno galego por unha \"continua contratación\" de software privativo, o que, ao seu xuízo, implica \"o incumprimento do compromiso\" electoral da Xunta para coa implantación do libre.

A parlamentaria do Bloque criticou que a Xunta presente o software libre como \"algo freak e propio de melenudos antisistema\", cando, segundo argumentou, \"non é alleo ao desenvolvemento económico\" e ten \"un grande vínculo\" co mundo universitario, a rede de empresas TIC e a posibilidade de utilización de linguas \"minoritarias\" sen o custo que leva consigo a tradución.

Pola súa parte, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asegurou que o seu departamento asinou convenios con compañías galegas dedicadas á creación de software libre e pretende, así mesmo, a súa introdución no ámbito educativo. En concreto, cifrou en 15.000 os alumnos galegos que terán acceso a ferramentas deste tipo durante este curso e calculou un número similar para o próximo.


 

 

Fuente:Europa Press

Noticias de hoy
Hemeroteca