00:00 h. viernes, 26 de abril de 2024

GALICIA

El fiscal pide prisión para los “culpables” del ‘Prestige’

d.prieto/axencias /  |  25 de noviembre de 2009 (14:00 h.)
Rueda considera que Galicia non conta 
con “todos os medios” necesarios para afrontar unha catástrofe similar

O fiscal de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, calculou onte que o xuízo do Prestige celebrarase “seguramente” en 2010, e advertiu de que, unha vez definido o “culpable” da catástrofe, solicitará “penas de prisión, privativas de liberdade”. García Ortiz realizou estas declaracións o día en que se cumpriron sete anos da maior catástrofe ambiental de Galicia, e explicou que a Fiscalía está pendente de recibir a documentación por parte da titular do Xulgado de Intrución número un de Corcubión, Carmen Veiras, para comezar a redactar os escritos da acusación.

O último paso que queda para rematar a instrución é a conclusión da proba pericial económica. Unha vez finalizado ese informe sentarán no banco dos acusados o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors; o capitán do buque, Apostolos Mangouras; o xefe de máquinas, Argyropoulos Nokolaos, e o primeiro oficial, Ireneo Maloto.

Segundo o fiscal, a imputación de López Sors provocou “unha dilación nos tempos”, debido a que partiu dun recurso de apelación resolto pola Audicencia Provincial da Coruña, que rectificou a decisión da xuíza, abrindo “un escenario procesual diferente” ao previsto. “Enfrontámonos a un xuízo novo ao que nós formularamos”, admitiu García Ortiz. Na súa opinión, a imputación do ex alto cargo do Goberno pode servir para “defender certas posturas” no proceso aberto en Nova York. “Os que queiran defender unha postura farano valer e os que queiran defender a contraria dirán que non é relevante para o que se está a axuizar”, pecisou.

A Avogacía do Estado interpuxo unha demanda contra a clasificadora ABS, que certificou a navegabilidade do Prestige, argumentando que o naufraxio se debeu a un erro estrutural que non se reflectiu nas inspeccións do buque. Por elo, solicitou unha indemnización de máis de 1.000 millóns de dólares para pagar os danos ocasionados.

 

“queda moito por facer”

O conselleiro de Presidencia e Administracións Públicas, Alfonso Rueda, asegurou onte que “queda moito camiño por percorrer” para que Galicia conte con “todos os medios necesarios para afrontar unha catástrofe deste tipo”, en referencia ao desastre do Prestige. “Queda moito por avanzar nese camiño”, insistiu Rueda, que non descartou que a Xunta reclame as competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación. Ademais, o conselleiro reiterou que a decisión de trasladar o grupo de expertos en contaminación marítima da Coruña a Madrid “non é axeitada” e defendeu o seu emprazamento galego.

Pola súa banda, a deputada doBNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, asegurou onte que a súa formación política non só lle “preocupa” o traslado a Madrid do centro de coordinación creado en Galicia tras o accidente do petroleiro, senón “como se vai facer” a coordinación a partir de agora, en caso dunha nova “traxedia dese nivel”.

Nese mesmo sentido, o PSdeG instou onte á Xunta a través dun comunicado a converter a loita contra a contaminación mariña “nunha prioridade” e a “continuar o labor emprendido polo anterior Goberno galego”. Ademais, o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, destacou a nova base contra a contaminación en Fene. Segundo Louro, Galicia encóntrase “mellor preparada” para enfrontarse a un desastre similar ao do Prestige.

Por outra banda, un gaseiro, o LNG Finima construído hai 25 anos, que pretendía descargar onte combustible na planta de Reganosa, desistiu de entrar na ría de Ferrol polos fortes refachos de vento do temporal que azoutou Galicia. A previsión e que intente volver entrar hoxe, as 14.30, coa pleamar.

Noticias de hoy
Hemeroteca