00:03 h. viernes, 26 de abril de 2024

O NÚMERO DE XENTE SEN TRABALLO AUMENTOU NA COMUNIDADE UN 6,5 POR CENTO O ANO PASADO

Galicia xa ten 237.313 persoas no paro

Agencias  |  05 de enero de 2011 (10:26 h.)

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) situouse ao finalizar decembro de 2010 en 237.313, o que supón un incremento de 14.474 en 2010 e un ascenso do 6,5% en relación co ano anterior, segundo os datos publicados polo Ministerio de Trabajo e Inmigración.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) situouse ao finalizar decembro de 2010 en 237.313, o que supón un incremento de 14.474 en 2010 e un ascenso do 6,5% en relación co ano anterior, segundo os datos publicados polo Ministerio de Trabajo e Inmigración.

En toda España, o número de parados alcanzou ao peche do 2010 os 4,1 millóns de persoas, tras subir en 176.470 desempregados, cun aumento porcentual do 4,5% respecto a 2009. O volume total de parados alcanzou a peche do 2010 os 4.100.073 desempregados, o seu nivel anual máis alto en toda a serie histórica comparable, que arranca en 1996.

Deste modo, Galicia pecha 2010 como a quinta comunidade cunha maior suba interanual en termos relativos, só superada por Asturias (7,07% máis), Castilla-La Mancha (9,03%), Castilla e León (6,91%) e Estremadura (6,75%). En calquera caso, o incremento é menor ao experimentado en 2009, ano que pechou cun 17,34% máis de desempregados, en relación con 2008.

Lugo, a provincia galega con peores cifras.

Pola súa banda, se se compara coas cifras de novembro, o incremento do paro en Galicia situouse no 2,41% en decembro, o que supón que no último mes do ano se anotaron 5.592 persoas aos servizos de emprego.

O desemprego é maior entre as mulleres, que representan o 53,1% do total e se sitúan en 126.072, o que supón un incremento do 5,63% en relación con decembro de 2009. En canto aos homes, son 111.241 os anotados nas listas públicas, un 7,49% máis que ao peche do ano anterior.

Por sectores, a maior suba en 2010 experimentouna o colectivo sen emprego anterior, que alcanzou as 28.427 persoas, un 20,6% máis que en decembro de 2009. Pola súa banda, o desemprego alcanzou as 38.530 persoas na construción (un 6,44% máis); as 36.897 na industria (un 5,29% máis); as 126.942 nos servizos (un 4,3% máis) e as 6.517 (un,79% máis).

Fuente: GaliciaHoxe

Noticias de hoy
Hemeroteca