14:29 h. viernes, 26 de abril de 2024

A ÚLTIMA NOVIDADE, OS PRATOS DE ALTA COCIÑA DE YATECOMERÉ, UNHA EMPRESA DE RIBADUMIA QUE OFRECE MENÚS FESTIVOS PARA SORPRENDER OS COMENSAIS

Poñer a mesa do Nadal facendo un só click: chega o chef virtual galego

MARTA RODRÍGUEZ  |  13 de diciembre de 2010 (09:11 h.)
YaTeComeré: xurdida do maxín de tres socios emprendedores con experiencia no sector da restauración, desde a súa sede no corazón do Salnés, en Ribadumia, ofrece os seus pratos tanto a restaurantes como a tendas especializadas, e consumidores que se queren liberar do martirio da cociña durante o Nadal.

Primeiro foron os produtos ecolóxicos da horta, logo chegaron os saborosos percebes de Cedeira e o e-marisco, e despois de exitosas iniciativas gastronómicas en internet como a da empresa galega Benboa, que en breve se localizará en Corrubedo, chegan agora os pratos delicatessen on line de YaTeComeré. Xurdida do maxín de tres socios emprendedores con experiencia no sector da restauración, desde a súa sede no corazón do Salnés, en Ribadumia, ofrece os seus pratos tanto a restaurantes como a tendas especializadas, e consumidores que se queren liberar do martirio da cociña durante o Nadal.

Os socios, un curtido no sector do envasado ó baleiro en Canarias, outro xerente das adegas de Pazo de Señoráns e un empresario, deciden embarcarse nesta aventura nun sector que crece entre un 20 e un 25 por cento nestes tempos de crise, e que funciona á perfección en Europa \"como consecuencia do ritmo de vida frenético que levamos\", indica o director comercial, Javier Izurieta. A fórmula é simple pero require dunha gran precisión: elaborar pratos de alta restauración e envasados ó baleiro, nunha iniciativa pioneira en Galicia que garante a trazabilidade e a cadea de frío, que non racha en ningún momento.

O que ofrece YaTeComeré é pratos da denominada quinta gama, é dicir, produtos listos para o consumo envasados ó baleiro, que adoitan \"rotar\" segundo a temporada, e se por exemplo no verán triunfan as saladas, agora a culler é a raíña con saborosos callos ou cocido. \"De todos modos, sempre temos uns fixos na carta que funcionan, como a caldeirada de polbo ó estilo da illa de Ons e as patacas pochadas xa listas para facer a tortilla de patacas, para que o cliente só lle teña que engadir o ovo e listo, quitando o denominado \"traballo suxo\".

Ademais, ofrecen produtos de cuarta gama, é dicir, ós que lles falta o toque final, como as carrilleras confitadas ás que só lles hai que engadir unha salsa, e un menú especial para estas festas con varios primeiros e segundos para elixir coas súas gornicións, que xa se poden consultar na súa páxina web ou nas redes sociais, e así poderemos gozar de pratos tan laboriosos como o capón de Vilalba de alta calidade e dun menú completo por menos de 15 euros por comensal. Os pedidos sérvense na véspera nas tendas máis próximas á casa, e só hai que quentar o prazo... e listo á mesa. \"O obxectivo é desterrar a idea de que a comida envasada é mala, a nosa é alta gastronomía, e descóbrese probando\", afirma Izurieta, que asegura que xa comezan a recibir pedidos on line para as datas natalicias.

O empresario, ademais, confesa estar sorprendido do perfil dos seus actuais clientes: \"pensabamos que lle ía interesar a xente nova sen tempo para cociñar e funciona tamén nas amas de casa, que queren ter un fondo de neveira sempre listo para servir\". Segundo indica, \"respondemos a unha demanda do mercado, tanto do sector da hostalería como da sociedade en xeral, que quere comer ben e rápido\".

Fuente:GaliciaHoxe

Noticias de hoy
Hemeroteca