11:39 h. Martes, 15 de octubre de 2019
CERTAME AUTONÓMICO, CONVOCADO POLA XUNTA E DOTADO CON 3000 EUROS DE PREMIO

Miguel Alonso gañador do premio "Xuventude Crea"

O cantautor galego Miguel Alonso gañou o premio "Xuventude Crea" (certame autonómico, convodado pola Xunta de Galicia e dotado con 3000 euro de premio)

Agencias  |  20 de enero de 2011 (18:43 h.)
Más acciones:

“A noite dos cans”, o último disco editado por Miguel Alonso segue a colleitar éxitos. O último deles é o 1º premio conseguido polo seu autor no certame autonómico da Xunta de Galicia, o “Xuventude Crea”, que ten unha dotación de 3000 euros.

Aproveitando o pulo que lle deu gañar este premio, Alonso continuará coa xira de concertos de presentación deste traballo. No escenario, como habitualmente, estará acompañado por Javier Santana (guitarras e coros), Juan Aparicio (baixo) e David Dapena (batería e percusión).

Tamén haberá espazo para concertos acústicos.

A primeira data confirmada será na cidade natal do cantautor, Ferrol, no Auditorio do Torrente Ballester, no ciclo “Novas noites” do concello, o día 24 de marzo. Para estar ao tanto do resto de datas, o mellor é consultar a web oficial do músico (www.miguelalonso.tk), que se irá actualizando periodicamente.