O xoves, 3 de febreiro, presentáronse no Auditorio Municipal de Ourense os concursos de grupos do Derrame Rock, así como o concurso de cancións en colaboración con Radio Galega.
A través do concurso de grupos Derrame Rock sairán 8 grupos que formarán parte do cartel do festival, 6 grupos de Ourense e 2 do resto de Galicia e estado.
O sistema de inscrición que comezará o vindeiro luns 7 de febreiro, realízase através de www.musikaze.com/derramerock, onde os grupos que queiran participar poderán subir as súas cancións e crear un espazo web onde colgar información sobre a banda.
O concurso dispón de dúas categorías:
Categoría grupos locais: Poderán participar todos aqueles grupos que conten cun mínimo de dous compoñentes empadroados en Ourense.
Categoría resto de Galiza e Estatal: Poderán participar grupos galegos (excepto Ourensáns) e do resto do estado.
Os grupos seleccionados como finalistas actuarán no festival.
Dentro da categoría de grupos locais haberá un premio extra para o que teña o mellor directo.
Fonte: Derrame Rock
© 2021 Xornal Retrincos Plataforma Opennemas - CMS for digital newspapers |
Desarrollado por Openhost con:
![]() |