Os trasnegos van celebrar a Trasnada \'10, o primeiro festival de tradución de software libre ao galego. Será na vila de Ordes, este día 16 de Outubro, en colaboración coa AC Inestable.
A Trasnada pretende reunír a todos os tradutores de software libre ao galego para darlle un empurrón aos proxectos de localización, coordinarnos e tomar decisións para o futuro. Como parte deste evento haberá un espazo reservado para a formación de novos tradutores. Co cal, estades convidados a este evento todos aqueles de vós que xa traducides software libre e todos aqueles que esteades interesados en aprender a facelo.
A xornada comezará ás 11:00 na Casa da Cultura do Concello de Ordes e rematará ás 20:00. Farase unha pausa para o xantar a iso das 14:00 e ata as 16:30. Inda sendo un evento público, para mellor coordinación do evento confirmade asistencia na dirección de correo electrónico info [en] trasno.net. Para máis información visitade a páxina do evento. Aqueles interesados en aprender a traducir software precisaredes de traer os seus equipos convosco.
Tedes un mapa do lugar de celebración a continuación:
Como colaboradores do evento contase coa inestimable colaboración da AC Inestable, grupo de usuarios de Linux da comarca e que se ocupará da loxistica do evento; e o Ex. Concello de Ordes. Patrocinan o evento Mabishu, Openhost e a Xunta de Galicia.
TENDENCIAS | 11-05-2010
Cruising GaliciaMUNDO | 13-03-2011
Los ciudadanos de Islandia han hecho dimitir al gobiernoESPAÑA | 05-03-2011
Las mejores frases de ZapateroSexo | 26-01-2011
Cómo hacer un masaje eróticoOCIO | 12-01-2011
Viajar por el mundo con alojamiento gratis