A noite dos cans é o novo disco de Miguel Alonso, doce novos temas onde se mesturan a música de autor e o rock cunhas letras polas que asoman Huckleberry Finn, Marilyn, James Dean ou Dylan.
É, sen dúbida, o traballo máis persoal deste cantautor, e nel aborda dende a precariedade laboral (“Rúas molladas”), a rebelión da muller contra a violencia de xénero (“A raíña do vento”) ou o capitalismo (“Cen mil gaivotas”) ata temas máis intimistas e cotiáns, que son, en realidade, o núcleo desta gravación (“Ás veces”, “A túa coartada”, “Irene”...).
Neste proxecto, ademais da banda habitual do músico ferrolán (Javier Santana, David Dapena e Víctor Méndez), tamén participan outros músicos como Maciek Bulik, Rubén Uahu ou Pablo Terraga.
Acompaña a este disco un deseño gráfico moi coidado, dirixido por Nachok (www.nachok.net), no que diversos fotógrafos colaboran cunha imaxe que ilustra cada unha das cancións do disco.
Edítase tanto en cd físico (xa á venda en tendas, web e concertos) coma en formato dixital (xa dispoñible en iTunes, Amazon, E-music...).
CONTIDO DO CD:
- Rúas molladas
- As pantasmas desta casa
- A túa coartada
- Deus xa nunca pasa por aquí
- A raíña do vento
- Cen mil gaivotas
- Fuxida no1 (adeus a esta casa)
- Irene
- Ás veces
- Santiago chora
- Noite sen noite
- Huckleberry Finn
Letra e música (de todos os temas): Miguel Alonso
Producido por Miguel Alonso.
Arranxos: Alonso/Méndez/Santana
Gravado en Sons Davila e Pequeño Desastre Records por Paco Cerdeira, César Morais e Miguel Alonso.
Mesturado e masterizado en Sons Davila por Paco Cerdeira.
Músicos:
- Miguel Alonso (voces, guitarras, piano, teclados e harmónica)
- Javier Santana (guitarras)
- Víctor Méndez (baixos)
- David Dapena (batería e percusións)
- Maciek Bulik e Rubén Uahu (batería)
- Pablo Terraga (colaboración especial en “As pantasmas desta casa”, guitarra eléctrica e slide)
PREZO DE VENDA: 8 euros.
WEB OFICIAL: www.miguelalonso.tk
CONTACTO (entrevistas, actuacións...): contacto@miguelalonso.tk /miguel_alonso_fdez@hotmail.com
Telf: 658600957
Escoita xa 4 temas de adianto en www.myspace.com/miguelalonsocantautor
TENDENCIAS | 11-05-2010
Cruising GaliciaMUNDO | 13-03-2011
Los ciudadanos de Islandia han hecho dimitir al gobiernoESPAÑA | 05-03-2011
Las mejores frases de ZapateroSexo | 26-01-2011
Cómo hacer un masaje eróticoOCIO | 12-01-2011
Viajar por el mundo con alojamiento gratis