11:43 h. Martes, 15 de octubre de 2019
CELEBRARASE O 23, 24 E 25 DE XUÑO

O Derrame Rock trasládase a Ourense

O Derrame rock seguirá o seu camiño nómade: Grado, Xixón, Oviedo, Langreo e, estes últimos anos, Pravia... Aínda que esta vez marcha de Asturias: Ourense acollerao os días 23, 24 e 25 de xuño.
Agencias  |  04 de febrero de 2011 (20:39 h.)
Más acciones:

O Derrame rock seguirá o seu camiño nómade: Grado, Xixón, Oviedo, Langreo e, estes últimos anos, Pravia... Aínda que esta vez marcha de Asturias: Ourense acollerao os días 23, 24 e 25 de xuño. O próximo 19 de xaneiro presentaranse, en rolda de prensa, nesta cidade galega todos os detalles.

Tal como adiantabamos Derramidea convértese nun evento independente do Festival Derrame Rock.

O Derramidea naceu dentro das actividades de conmemoración do décimo aniversario do Festival Derrame Rock en Pravia no ano 2005, despois de 6 anos de celebración paralela ao Festival no 2011 adquire entidade propia. Naceu como un complemento á actividade musical, é un espazo de reflexión, de sensibilización e encontro, con temáticas diversas que van desde o cambio climático até a participación das mulleres no mundo do rock pasando polo sempre candente tema da pirataría e a industria musical, entre outros.

O Derramidea celebrarase os días 1, 2 e 3 de Setembro en Pravia cunha programación cultural e musical gratuíta.

Fonte: DerrameRock